home

DESPACHO DE AVOGADOS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.

Fundado en 1984 por D. Pedro Trepat Silva, o bufete TREPAT AVOGADOS conta cun sólido equipo de profesionais do dereito e co apoio das máis avanzadas tecnoloxías da comunicación e información, que garanten a asistencia xurídica integral e eficaz que demandan os nosos clientes: particulares, empresas, corporacións e administracións.

Especializado nas áreas de dereito civil, mercantil, administrativo e penal, o despacho concibe o exercicio da avogacía dende a cercanía persoal e a confianza cos nosos clientes e dende o compromiso coa defensa dos dereitos fundamentais e os valores da xustiza e o progreso social.

A nosa experiencia e formación permítenos acadar un índice notable de éxito na defensa dos intereses que nos son encomendados, non só diante dos Tribunais de Xustiza, estatais e internacionais, ou das Administracións Públicas, senón no asesoramento previo, a supervisión documental e a negociación.

© Trepat Avogados. NIF-33198284S - AVISO LEGAL - Os servizos prestados regulanse conforme ás Normas de Honorarios do Ilustre Colexio de Avogados de Galicia de 27 de setembro do 2.001 e ás Normas de Honorarios do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela 22 de decembro do 2.008 - CÓDIGO DE CONDUCTA